Web Temática
Rede de Escolas de Saúde para a Cidadanía ![Abrirase nunha ventá nova](/diseno/img/ico_ext.gif)
![Logo Red Escuelas](/websTematicas/img/redEscuelas175X168.jpg)
O web Rede de Escolas nace para ser referencia dos pacientes, familiares e coidadores no Sistema Nacional de Saúde, con independencia do lugar de residencia, a súa idade e tendo en consideración os seus coñecementos e as súas preferencias.
Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS ![Abrirase nunha ventá nova](/diseno/img/ico_ext.gif)
![Logo red agencias](/websTematicas/img/logo_pequeno_red_agencias.jpg)
A Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías sanitarias e Prestacións do SNS créase co fin de promover a calidade, eficiencia e sustentabilidade en avaliación de tecnoloxías sanitarias no SNS. Esta páxina web facilita o acceso a informes de avaliación de tecnoloxías sanitarias, guías de práctica clínica e outros produtos baseados na evidencia.
Estilos de vida saudable ![Abrirase nunha ventá nova](/diseno/img/ico_ext.gif)
![Logo estilos de vida saludable](/websTematicas/img/logo-estilosVidaSaludable.jpg)
Accións da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde. A súa finalidade é proporcionar información útil e de calidade, axustada ás diferentes necesidades da cidadanía: Recomendacións, ferramentas interactivas, vídeos e outros materiais e recursos de utilidade para facer máis saudables os nosos estilos de vida.
Comisión Nacional de Reprodución Humana Asistida
![Abrirase nunha ventá nova](/diseno/img/ico_ext.gif)
![Logo de la Comisión Nacional de Reproducción Humana Asistida](/websTematicas/img/logoCNRHA.png)
A Comisión Nacional de Reprodución Humana Asistida é o órgano colexiado do Ministerio de Sanidade, de carácter permanente e consultivo, dirixido a asesorar e orientar sobre o uso das técnicas de reprodución humana asistida, a contribuír á actualización e difusión dos coñecementos científicos e técnicos nesta materia, así como á elaboración de criterios funcionais e estruturais dos centros e servizos onde se realizan.
Seguridade do paciente ![Abrirase nunha ventá nova](/diseno/img/ico_ext.gif)
![Lavado de manos](/websTematicas/img/imagenSP.png)
A Seguridade do Paciente, unha dimensión esencial da calidade asistencial, implica desenvolver estratexias para reducir o dano innecesario ao pacientes asociados á asistencia sanitaria. O Ministerio de Sanidade desenvolveu a Estratexia de Seguridade do Paciente do SNS en colaboración coas Comunidades Autónomas, as Sociedades Científicas e as Asociacións de Pacientes.
Esta web fornece acceso a todas as actividades despregadas no eido da Estratexia, prácticas seguras, informes de seguridade do paciente, xornadas científicas, Sistema de Notificacións SiNASP e formación a través de cursos autoguiados sobre Seguridade do Paciente, Xestión de Riscos e Hixiene das Mans.